Obradoiro de autocoñecemento corporal

[Vídeo feito por Matadorio Compostela sobre o curso]

A Concellaría de Igualdade do Concello de Compostela en colaboración co grupo de homes pola igualdade de Compostela Micromachinhos teñen a ben presentar o obradoiro de autocoñecemento corporal destinado a homes.

O obxectivo fundamental desta actividade é mellorar o autocoñecemento persoal poñendo no centro os coidados propios como punto de partida para mellorar as nosas relacións coas demais persoas. Os corpos dos homes, atravesados pola masculinidade dominante, son fogares excesivamente ríxidos onde calquera tipo de medo ou frustración é facilmente expresado con violencia. Aprender a recoñecer estas tensións tomando consciencia dos nosos corpos axuda a relaxar, a reducir o estrés e a agresividade. É unha vía de apertura dos nosos corpos cara o bo trato con nós mesmos como base onde nos impulsamos para estender ese trato en positivo co resto da xente. Unha cultura de paz que axude a desterrar a violencia, en particular a de xénero.

A metodoloxía de traballo parte dunha práctica precisa e sinxela que combina diferentes técnicas de traballo corporal: estiramentos, traballo respiratorio e de consciencia corporal. A metodoloxía adáptase ao ritmo da persoa co cal non é preciso ter  ningún tipo de coñecemento ou traballo realizado con anterioridade.

O curso será impartido por Belén Rial e Carmen Cunqueiro, terapeutas morfoanalistas con ampla experiencia no traballo psicocorporal.

A duración da actividade será de 16 horas. E terá lugar en decembro os días  3 (sábado de 10 h-14h e 16 h-20h) e 4 (domingo de 10-14h e 16 h-20h) no Centro Social “O Matadoiro” situado na Praza do Matadoiro de Compostela. As prazas para o curso son limitadas polo que se aceptarán as mesmas por rigorosa orde de chegada ao mail: micromachinhos@gmail.com indicando o nome e teléfono de contacto.

Esta é a primeira das actividades que impulsa a Concellaría de Igualdade destinada ao colectivo masculino e que pon de relevancia a importancia do papel que os homes podemos xogar para construír un futuro de igualdade entre mulleres e homes. Esta motivación, tal e como sinala o documento elaborado pola ONU en 2008 sobre o papel dos homes e os nenos no logro da igualdade, provén de diversas fontes; por exemplo, das relacións dos homes coas mulleres, da preocupación polo seu propio benestar persoal ou das súas familias ou do seu sentido da xustiza social.

É por isto que desde a Concellaría de Igualdade comprácenos abrir esta canle de participación confiando en que estas accións contribúan a abrir camiños que nos leven a unha sociedade máis xusta e igualitaria entre mulleres e homes.

L0034532 A man posing naked, seated on a rocky Credit: Wellcome Library, London. Wellcome Images images@wellcome.ac.uk http://wellcomeimages.org A man posing naked, seated on a rocky outcrop in a leafy landscape. Photograph ca. 1900 Published:  -  Copyrighted work available under Creative Commons Attribution only licence CC BY 4.0 http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Credit: Wellcome Library, London. Wellcome Images
A man posing naked, seated on a rocky outcrop in a leafy landscape. ca. 1900 
Copyrighted work available under Creative Commons Attribution only licence CC BY 4.0 http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s