Autocoñecemento para o cambio. Obradoiro vivencial teórico-práctico para homes

Obradoiro_Autcoñecemento_B

O grupo de homes de Compostela ‘Micromachinhos’, organizamos, coa colaboración da Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago, un novo obradoiro. Nesta ocasión contaremos coa sabedoría de Tareixa Ledo Regal, formada en autocoñecemento, sexualidade e relacións humanas en Terapia de Reencontro, quen nos guiará no obradoiro “Autocoñecemento para o cambio. Obradoiro vivencial teórico-práctico para homes“.

Como en anteriores cursos, as prazas son limitadas e é necesario realizar inscrición previa enviando un correo para micromachinhos@gmail.com

Os días, horarios e local son:

  • Dias 24, 25 e 25 de novembro e 15, 16 e 17 de decembro de 2017.
  • Sextas feiras de 17h a 21h, sábados de 10 a 20h e domingos de 10h a 14h.
  • Local: Casa do Matadoiro (Compostela)

Animádevos!

 

Obradoiro: Explorando a sexualidade dos homes

O curso é gratuíto e está orientado para homes, que poden inscribirse no correo electrónico micromachinhos@gmail.com. A inscrición será por rigorosa orde de chegada ao correo xa que ten límite de prazas (20).

O obradoiro impartirano Verónica Ramilo (traballadora social e sexóloga) eAlfredo Saborido (traballador social e sexólogo).  Os días e horarios son: día 24 de marzo, de 16 a 20h, día 25, de 10 a 14h e de 16 a 20 h, e día 26, de 10- a 4, no centro social O Matadoiro.

Tras a primeira e exitosa experiencia de traballo conxunta (todas as prazas cubertas) entre Micromachinhos, grupo de homes pola igualdade de Compostela, e a Concellaría de Igualdade, continuamos a nosa andaina na procura dunha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos. Desta vez, e acompañando a celebración deste mes de marzo, encamiñamos a formación pondo o foco na sexualidade masculina co obradoiro “Explorando a sexualidade dos homes”. Este obradoiro pretende ser un espazo de reflexión, autocoñecemento e exploración da propia sexualidade e as relacións, e tamén un espazo para compartir entre todos os participantes as experiencias, as inquietudes, as dúbidas, os mitos e os recursos con que cada un pode contribuír ao grupo para poder vivir unha sexualidade satisfactoria e ter relacións baseadas nos bos tratos.

Os principais obxectivos son: xerar un espazo de confianza para coñecerse mellor, comprenderse, aprender a aceptarse e poder expresar o que cada un vive nas súas relacións e na súa sexualidade; explorar sobre a erótica cales son os límites de cada un, de que gostas, como e con quen e recoñecer que nos axuda e que nos dificulta; identificar que aspectos da sexualidade e as relacións quere cada un cultivar e reflexionar sobre posibles pequenas mudanzas a realizar; compartir recursos e ferramentas que cada un ten e xerar de novo, afianzando as nosas estratexias para poder convivir en relación o mellor posible e vivir unha sexualidade pracenteira; e por último, aprender a falar das relacións interpersoais que temos e que nos gusta ter, como as xestionamos, como afrontamos os conflitos e as mudanzas e que aspectos consideramos importantes.

Obradoiro de autocoñecemento corporal

[Vídeo feito por Matadorio Compostela sobre o curso]

A Concellaría de Igualdade do Concello de Compostela en colaboración co grupo de homes pola igualdade de Compostela Micromachinhos teñen a ben presentar o obradoiro de autocoñecemento corporal destinado a homes.

O obxectivo fundamental desta actividade é mellorar o autocoñecemento persoal poñendo no centro os coidados propios como punto de partida para mellorar as nosas relacións coas demais persoas. Os corpos dos homes, atravesados pola masculinidade dominante, son fogares excesivamente ríxidos onde calquera tipo de medo ou frustración é facilmente expresado con violencia. Aprender a recoñecer estas tensións tomando consciencia dos nosos corpos axuda a relaxar, a reducir o estrés e a agresividade. É unha vía de apertura dos nosos corpos cara o bo trato con nós mesmos como base onde nos impulsamos para estender ese trato en positivo co resto da xente. Unha cultura de paz que axude a desterrar a violencia, en particular a de xénero.

A metodoloxía de traballo parte dunha práctica precisa e sinxela que combina diferentes técnicas de traballo corporal: estiramentos, traballo respiratorio e de consciencia corporal. A metodoloxía adáptase ao ritmo da persoa co cal non é preciso ter  ningún tipo de coñecemento ou traballo realizado con anterioridade.

O curso será impartido por Belén Rial e Carmen Cunqueiro, terapeutas morfoanalistas con ampla experiencia no traballo psicocorporal.

A duración da actividade será de 16 horas. E terá lugar en decembro os días  3 (sábado de 10 h-14h e 16 h-20h) e 4 (domingo de 10-14h e 16 h-20h) no Centro Social “O Matadoiro” situado na Praza do Matadoiro de Compostela. As prazas para o curso son limitadas polo que se aceptarán as mesmas por rigorosa orde de chegada ao mail: micromachinhos@gmail.com indicando o nome e teléfono de contacto.

Esta é a primeira das actividades que impulsa a Concellaría de Igualdade destinada ao colectivo masculino e que pon de relevancia a importancia do papel que os homes podemos xogar para construír un futuro de igualdade entre mulleres e homes. Esta motivación, tal e como sinala o documento elaborado pola ONU en 2008 sobre o papel dos homes e os nenos no logro da igualdade, provén de diversas fontes; por exemplo, das relacións dos homes coas mulleres, da preocupación polo seu propio benestar persoal ou das súas familias ou do seu sentido da xustiza social.

É por isto que desde a Concellaría de Igualdade comprácenos abrir esta canle de participación confiando en que estas accións contribúan a abrir camiños que nos leven a unha sociedade máis xusta e igualitaria entre mulleres e homes.

L0034532 A man posing naked, seated on a rocky Credit: Wellcome Library, London. Wellcome Images images@wellcome.ac.uk http://wellcomeimages.org A man posing naked, seated on a rocky outcrop in a leafy landscape. Photograph ca. 1900 Published:  -  Copyrighted work available under Creative Commons Attribution only licence CC BY 4.0 http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/

Credit: Wellcome Library, London. Wellcome Images
A man posing naked, seated on a rocky outcrop in a leafy landscape. ca. 1900 
Copyrighted work available under Creative Commons Attribution only licence CC BY 4.0 http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/